Select your tickets
Online sales are closed.
For more information please contact the organizer.
The organizer's data is in the "Brought to you by" section.
Event details
A historia transcorre na lavandería dunha cidade e trata de evocar de maneira poética, o inverno e as sensacións invernais. Todo pode pasar nunha lavandería, incluso botar unha prenda a lavar e que non apareza, incluso tecer historias que versen sobre a soidade das persoas maiores.
A través do xogo, e inspirada na capacidade imaxinativa da infancia, propóñense escenas abertas á interpretación do público, algunhas abstractas, outras máis concretas.
Convida ás crianzas a participar de maneira activa establecéndose un diálogo espontáneo desde o inicio da peza, improvisado e único en cada actuación. Isto responde ao obxectivo de que o teatro lles resulte un lugar cotiá e familiar co que poidan vencellarse.
Combínanse técnicas mixtas de clown, títeres de man e manipulación de obxectos.
DURACIÓN ESTIMADA: 50 MINUTOS
ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA PÚBLICO A PARTIR DOS 3 ANOS.
Access policy